Instalaciones del centro

¡Conoce los diferentes espacios que integran el centro a través de nuestro tour virtual 360!

Este centro creouse no ano 1924, mediante a fundación efectuada por D. MANUEL GARCÍA BLANCO da sinatura comercial SIMEÓN, como Escola educativa que atendera aos nenos máis pobres da cidade de Santiago de Compostela. Desde a súa fundación, polos estatutos, encoméndase esta obra aos IRMÁNS DAS ESCOLAS CRISTIÁNS, “LA SALLE”, que a atenden desde entón.

Clasificado como CENTRO BENÉFICO DOCENTE por R.O. do 28 de setembro de 1927, e distinguido coa MEDALLA de OURO da CIDADE, e PLACA ao MÉRITO CULTURAL, co gallo das súas VODAS DE OURO no ano 1974 e MEDALLA DE PRATA DE GALICIA no ano 2001.

Cando entrou en vigor a LODE (Lei Orgánica 8/1985 do 3 de xullo) xa estaba sostido con fondos públicos a través do réxime de subvencións aos centros privados, e dende a entrada en vigor desta disposición legal figura como centro concertado, adaptándose ás diferentes reformas educativas que foron implantadas no noso país dende o ano 1985.

A Constituación Española proclama no artigo 27 que todos teñen dereito á educación. Este dereito ten dous facetas inseparables: o dereito como prestación, que obriga aos poderes públicos a a garantir a escolarización de todos os nenos e nenas, e o dereito como libedade, que obriga aos poderes públicos a respectar a liberdade de elección de centro por parte dos pais e nais do alumnado.

O dereito á educación só queda satisfeito plenamente cando se garanten ambas facetas. Por iso a Constitución proclama que os poderes públicos axudarán ós centros que reúnan os requisitos que a lei estableza, e se garante neste mesmo artigo 27 o dereito que asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas suas propias conviccións.

As diferentes leis reguladoras do sistema educativo veñen garantindo, dende a LOE, un sistema de concertos que trata de compatibilizar que todos os cidadáns e cidadás do noso país poidan recibir un ensino obrigatorio gratuíto, e poidan elixir o centro educativo para os seus fillos e fillas sen que nesta decisión medien condicionantes de tipo económico. Os centros concertados convértense así en instrumentos para o exercicio efectivo de dereitos constitucionais, no marco do pluralismo educativo que sanciona a nosa máxima.

Este centro concertado, ten dereito a renovación do seu concerto segundo a lixislación vixente. Presta o seu servizo educativo a estas familias dende o ano 1924 e desexa seguir colaborando cos poderes públicos na prestación deste servizo de conformidad co establecido no artigo 43.1 do Regulamento de Normas Básicas sobre Concertos Educativos e a xurisprudencia do Tribunal Supremo, o mantemento do concerto é una obriga para administración, ao seguirse cumprindo os requisitos que se tiveron en conta para o acceso ao concerto.

A Escola de A Inmaculada está situada no corazón da cidade de Santiago, na parte antiga e cercana á zona nova. A parte antiga da cidade está pouco habitada, polo tanto, os alumnos proveñen da zona máis nova, das aforas da cidade e tamén das “cidades dormitorio” de Santiago. Os alumnos chegan ao centro de lugares moi variados; é un alumnado bastante disperso.

O centro ten unha longa historia en Santiago, máis de 92 anos dedicados á educación dos nenos/as, cun alto prestixio pola súa tarefa educativa. Caracterizouse nas súas orixes por dedicarse ás clases máis populares e pobres da cidade, era recoñecida como unha escola que educaba para a vida; foi popularmente coñecida como “ a universidade dos pobres”. Polo que tivo moitos recoñecementos oficiais a nivel de persoas que deixaron a súa pegada ou a nivel xeral, a súa derradeira distinción foi a “Medalla de Prata de Galicia” polos seus 75 anos de servicio  educativo na cidade de Santiago.

É ben sabido o ambiente familiar e achegado que foi creado no centro ao longo da súa historia. A Escola é un ámbito que  se caracterizou pola súa acollida, por ser moi cercana aos alumnos e ás familias. O feito de ser un centro pequeno ( seis aulas de Primaria e tres de Infantil) axuda moito no proceso de personalización. As familias estiman o centro, a calidade de trato e o estilo educativo. Cando os alumnos deixan o centro levan unha “gran morriña” pola maneira como se lles tratou e o ambiente de familia que descubriron. O sentido de pertenza persiste nos alumnos que deixaron o colexio, ben sexa pola súa vinculación en diferentes actividades no centro ou polas súas visitas frecuentes.